Wednesday 15 de May de 2024

O IES David Buján, seleccionado como centro piloto para un proxecto educativo europeo


 

Os días 19, 20 e 21 de novembro, o IES David Buján estará representado con catro traballos de investigación na feira de ciencia de Galicia (Galiciencia) que ten lugar no parque tecnolóxico de Galicia en Ourense
O IES David Buján de Cambre foi seleccionado como centro piloto para o proxecto europeo Go-Lab,Learning by experience, xunto con outras 70 escolas españolas.Go-Lab é un proxecto que promove a introdución de laboratorios virtuais e remotos no curriculum de ciencias.
Así mesmo, dentro do proxecto educativo europeo “Comenius” cinco alumnos de 1º de bacharelato e de 4º de ESO, acompañados de dúas profesoras desprazaranse a Turquía, concretamente á cidade de Samsun, no norte do país. Alí, aloxaranse nas casas dos estudantes turcos que visitaron o centro cambrés o curso pasado e, xunto co resto de alumnos dos diferentes países, realizarán actividades tales como: visita ás covas Tekkeköy e as fervenzas Kabaceviz, á factoría de froitos secos Özbeyoglu, ao planetario da universidade da cidade e ao museo da cidade, baño nun hamamtípico e unha visita á cidade de Ayvacik. Ademais, durante a semana traballarán en equipos multinacionais en dous proxectos: un dicionario online multilingüe e un videocanal sobre os científicos máis representativos de cada país. Todas estas actividades están enmarcadas no proxecto Comenius ” Me and you in a portable knowledge”.
Por outro lado, os días 19, 20 e 21 de novembro, o IES David Buján estará representado con catro traballos de investigación na feira de ciencia de Galicia (Galiciencia) que ten lugar no parque tecnolóxico de Galicia en Ourense. Te adxunto lista oficial de seleccionados de Galiciencia. Como ves temos un bo número de representantes.
E unha delegación docente do instituto cambrés encabezada por José Viñas viaxará a Joniskis (Lituania) do 10 ao 13 de novembro, para asistir á reunión inicial do proxecto Erasmus + concedido este ano ao IES David Buján de Cambre, para proxectar as actividades a realizar nos próximos dous anos.